CONSTRUÍR SUSTENTABILIDADE, CREAR FOGAR

Especializámonos na creación de vivendas sostibles, económicas e duradeiras. O noso obxectivo é proporcionar solucións de vivenda que sexan respectuosas co medio ambiente, fáciles de manter e que promovan un estilo de vida saudable e confortable.

Casa natural de baixo impacto ambiental
Creamos espazos saudables evitando materiais tóxicos 
Construcións duradeiras e eficientes
Custos considerablemente máis baixos
Solucións constrcuctivas con sistemas pasivos
Bo illamento e protexidas das emisións tóxicas
As casas que construimos son: naturais, económicas e duradeiras.
Vivendas construídas con materiais naturais e/ou de baixo impacto ambiental que non comportan toxicidade para as persoas ou o medio ambiente.

Coñece todos os modelos dispoñibles de casasana

Preguntas Frecuentes

A nosa sección de preguntas frecuentes está deseñada para proporcionarte a información que necesitas de maneira rápida e eficiente.

Vantaxes de CASASANA: Aforro enerxético

Con tan só falar dos espesores de illamento térmico é fácil de imaxinar onde están as vantaxes. Nestas casas a instalación de calefacción ou refrixeración pode ser opcional en función da zona bioclimática e, ás veces, mesmo un gasto superfluo:

Se a vivenda non está situada nunha zona de clima extremo e posúe una orientación axeitada, o máis probable é que unha simple estufa de biomasa nunha zona central da casa poida fornecer calor os poucos días do ano que so precise.

Vantaxes de CASASANA: Saúde

Dámoslle especial importancia aos materiais de acabado da vivenda pola importante relación cos nosos corpos, limitando a emisión de Compostos Orgánicos Volátiles (COV). Os materiais cos que están construídas as nosas casas son naturais e/ou de baixo impacto ambiental, para que non introduzan toxicidade nas persoas que a habitan ou no medio ambiente.

Canto custa unha CASASANA?

O custe dunha CASASANA supón un aumento do prezo final dun 8% ao 10%, debido ao aumento dos espesores de illamento e a mellora da estanqueidade. O prezo da man de obra apenas varía un 5% fronte a unha vivenda convencional.

A redución do consumo enerxético permite aforrar en poucos anos este sobreprezo.

Construíndo un futuro sostible con casasana

En CASASANA, estamos dispostos a guiarche na construción da túa casa soñada de maneira respectuosa co medio ambiente e a un custo razoable.

En CASASANA, somos un equipo de expertos en arquitectura e urbanismo, dedicados a deseñar un catálogo de casas sostibles, bioconstruidas, económicas e duradeiras, dispoñibles para ti. Cremos firmemente na construción consciente e auténtica, en harmonía coa terra.

O PROCESO

«Apostamos polos materiais naturais, locais e sans, polos sistemas construtivos sinxelos, económicos e coas mínimas necesidades de mantemento.»

Consideramos que debemos construír ben pegados á terra, con sinxeleza e autenticidade.

Comencemos un proyecto

Xuntos, podemos transformar as túas ideas en realidade. Iniciemos esta emocionante viaxe de construción hoxe!

LLÁMANOS

Escríbenos

1 + 4 =

TEXTOS LEGÁIS

Aviso Legal

Política de Privcidade

Política de Cookies

LOCALIZACIÓN

Rúa Poboadores 35 baixo
VIGO 36202
Pontevedra

CONTACTO

[email protected]
T: 886 098 856 / 649 572 104

SETE OITAVAS S.COOP GALEGA. – Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL.
Operación subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade e financiada polo Servizo Público de Emprego Estatal