O concepto de casasana

As casas que construimos son: naturais, económicas e duradeiras.

Unha resposta sostible para un fogar saudable. O futuro da construción sostible e saudable. Arquitectura que respecta e se integra na contorna.

CASASANA son vivendas construídas con materiais naturais e/ou de baixo impacto ambiental que non comportan toxicidade para as persoas ou o medio ambiente.

Dispoñemos dun catálogo de vivendas de un, dous, tres e catro dormitorios en versións súper-compactas (co espazo imprescindible para o desenvolvemento da vida) ou ben máis extendidas (con maior dispoñibilidade de espazo tanto en cada unha das estancias, como nos espazos compartidos e no exterior).

Partimos da base de que o noso catálogo será unha base que cada persoa usuaria poderá personalizar segundo as súas preferencias.

Ofrecemos tamén a posibilidade de elección dos acabados por parte de cada cliente.

Neste apartado presentamos unha pequena mostra do noso catálogo completo. Para obter máis información, pode contactarnos

Casa natural e saudable

As vivendas de CASASANA “respiran” facilitando os intercambios de humidade entre a vivenda e a atmosfera. Isto deriva nunha alta calidade do aire interior e unha humidade relativa adecuada á saúde humana, considerando os seguintes parámetros:

  • Utilizamos materiais pouco transormados e con baixo impacto enerxético. Cando é posible usamos materiais próximos á zona de localización da vivenda.
  • Usamos materiais non tóxicos que non conteñen asbestos, poliuretano ou PVC. As nosas pinturas son de poro aberto e non emiten compostos orgánicos volátiles tóxicos  (COVs para máis información ver: Web do Ministerio para la Transición Ecológica)
  • O deseño busca a orientación solar óptima de cara a obter o máximo aproveitamento térmico e lumínico de cada lugar, mantendo a temperatura interior sen necesidade de utilizar custosos sistemas de calefacción ou refrixeración, pois utilizamos sistemas pasivos que optimizan o aproveitamento das condicións naturais.
  • Non presencia de radon (canceríxeno, para máis información ver: Web da American Cancer Society)
  • Control higrotérmico e regulación natural da humidade.
  • Un deseño que favorece a ventilación natural.
  • Non utilización de conducións de electricidade, auga ou doutro tipo próximas aos lugares de descanso e reposo.

Casa económica

As vivendas de CASASANA son construcións de alta calidade construtiva que, ademais:

  • Teñen un custo considerablemente máis baixo que os prezos habituais das vivendas novas existentes no mercado.
  • Permiten uns custos de mantemento da vivenda baixos. As solucións construtivas que utilizamos protexen á vivenda das humidades indesexables e permiten a ventilación natural dos elementos construtivos e das estancias.
  • É moi reducido o seu custo de mantemento do confort interior (calefacción, auga quente, refrixeración, etc), pois deseñamos partindo de sistemas pasivos (gran illamento térmico de muros, alto acristalamento de portas e xanelas, ausencia de pontes térmicas, boa e controlada ventilación e, por último, estanqueidade ao aire que minimice as perdas enerxéticas.
  • Proxectamos os acristalamentos coa orientación óptima utilizando paredes e chans de alta inercia térmica para reter a calor no inverno e emitilo durante a noite. No verán protexemos a vivenda dos raios solares para manter a casa fresca. Os muros da vivenda son dun grosor considerable e contan con espesores de illamento (natural, preferentemente cortiza) superiores aos esixidos polas normativas.

Casa duradeira

CASASANA está construída con materiais nobres e resistentes, que envellecen de maneira lenta (cerámica, cal, madeira, arxila, formigóns naturais, etc) e que, por tanto, minimizan os custos de mantemento. Materiais que resisten os efectos do paso do tempo, da radiación solar, da choiva, das xeadas, etc.

O deseño das vivendas de CASASANA buscan grandes illamento, protección da humidade do terreo, eliminación das emisións tóxicas (gas radon, COVs, etc) e control das condicións meteorolóxicas (soleamento, choiva, humidade do ambiente exterior,…).

Comencemos un proyecto

Xuntos, podemos transformar as túas ideas en realidade. Iniciemos esta emocionante viaxe de construción hoxe!

LLÁMANOS

Escríbenos

11 + 3 =