O concepto de casasana
As casas que construimos son: naturais, económicas e duradeiras.
Unha resposta sostible para un fogar saudable. O futuro da construción sostible e saudable. Arquitectura que respecta e se integra na contorna.

CASASANA son vivendas construídas con materiais naturais e/ou de baixo impacto ambiental que non comportan toxicidade para as persoas ou o medio ambiente.
Dispoñemos dun catálogo de vivendas de un, dous, tres e catro dormitorios en versións súper-compactas (co espazo imprescindible para o desenvolvemento da vida) ou ben máis extendidas (con maior dispoñibilidade de espazo tanto en cada unha das estancias, como nos espazos compartidos e no exterior).
Partimos da base de que o noso catálogo será unha base que cada persoa usuaria poderá personalizar segundo as súas preferencias.
Ofrecemos tamén a posibilidade de elección dos acabados por parte de cada cliente.
Neste apartado presentamos unha pequena mostra do noso catálogo completo. Para obter máis información, pode contactarnos




Casa natural e saudable
As vivendas de CASASANA “respiran” facilitando os intercambios de humidade entre a vivenda e a atmosfera. Isto deriva nunha alta calidade do aire interior e unha humidade relativa adecuada á saúde humana, considerando os seguintes parámetros:
- Utilizamos materiais pouco transormados e con baixo impacto enerxético. Cando é posible usamos materiais próximos á zona de localización da vivenda.
- Usamos materiais non tóxicos que non conteñen asbestos, poliuretano ou PVC. As nosas pinturas son de poro aberto e non emiten compostos orgánicos volátiles tóxicos (COVs para máis información ver: Web do Ministerio para la Transición Ecológica)
- O deseño busca a orientación solar óptima de cara a obter o máximo aproveitamento térmico e lumínico de cada lugar, mantendo a temperatura interior sen necesidade de utilizar custosos sistemas de calefacción ou refrixeración, pois utilizamos sistemas pasivos que optimizan o aproveitamento das condicións naturais.
- Non presencia de radon (canceríxeno, para máis información ver: Web da American Cancer Society)
- Control higrotérmico e regulación natural da humidade.
- Un deseño que favorece a ventilación natural.
- Non utilización de conducións de electricidade, auga ou doutro tipo próximas aos lugares de descanso e reposo.
Casa económica
As vivendas de CASASANA son construcións de alta calidade construtiva que, ademais:
- Teñen un custo considerablemente máis baixo que os prezos habituais das vivendas novas existentes no mercado.
- Permiten uns custos de mantemento da vivenda baixos. As solucións construtivas que utilizamos protexen á vivenda das humidades indesexables e permiten a ventilación natural dos elementos construtivos e das estancias.
- É moi reducido o seu custo de mantemento do confort interior (calefacción, auga quente, refrixeración, etc), pois deseñamos partindo de sistemas pasivos (gran illamento térmico de muros, alto acristalamento de portas e xanelas, ausencia de pontes térmicas, boa e controlada ventilación e, por último, estanqueidade ao aire que minimice as perdas enerxéticas.
- Proxectamos os acristalamentos coa orientación óptima utilizando paredes e chans de alta inercia térmica para reter a calor no inverno e emitilo durante a noite. No verán protexemos a vivenda dos raios solares para manter a casa fresca. Os muros da vivenda son dun grosor considerable e contan con espesores de illamento (natural, preferentemente cortiza) superiores aos esixidos polas normativas.


Casa duradeira
CASASANA está construída con materiais nobres e resistentes, que envellecen de maneira lenta (cerámica, cal, madeira, arxila, formigóns naturais, etc) e que, por tanto, minimizan os custos de mantemento. Materiais que resisten os efectos do paso do tempo, da radiación solar, da choiva, das xeadas, etc.
O deseño das vivendas de CASASANA buscan grandes illamento, protección da humidade do terreo, eliminación das emisións tóxicas (gas radon, COVs, etc) e control das condicións meteorolóxicas (soleamento, choiva, humidade do ambiente exterior,…).
Comencemos un proyecto
Xuntos, podemos transformar as túas ideas en realidade. Iniciemos esta emocionante viaxe de construción hoxe!