MORADIA COMPACTA
A Moradia compacta é a túa opción se buscas un rendemento enerxético óptimo con amplitude. Podes distribuír o espazo da túa casa pre-deseñada en un, dous, tres ou catro dormitorios dende 50 m2 e coa posibilidade de ampliar o espazo de estar nun pórche anexo á zona de día. A casa non esquece lugares para o almacenaxe ou o lavado da roupa con habitacións amplas e ben iluminadas.
Memoria de calidades
Compoñentes estruturais
O deseño das casas está optimizado para a súa construción mediante muros estruturais de bloques de cerámica alixerada, o que permite un equilibrio entre durabilidade, robustez e illamento fronte ao medio. A cuberta realízase con estrutura de madeira laminada.
Non obstante, este deseño permite variar partes do mesmo, puidendo incorporar outros sistemas de cuberta ou fachada sen menoscabar as súas calidades se fose necesario por necesidades de orientación ou stock.
Fachada e cubierta
A fachada realízase mediante un sistema de illamento polo exterior (denomindao SATE habitualmente) que garante a maior eficiencia enerxética, eliminando pontes térmicas en fachada e creando un illamento sen discontinuidades ao longo de todo o edificio.
Acabados
Os acabados son unha parte fundamental da vivenda, utilizando morteiros de cal arxila e xeso; e madeira como materiais de contacto, de xeito que interaccionen de forma natural co noso corpo e limiten a presenza de Compostos Orgánicos Volátiles (COV) no ambiente interior.
Vista de Planos
COMPACTA 2 DORMITORIOS
COMPACTA 3 DORMITORIOS
COMPACTA 4 DORMITORIOS
Comencemos un proyecto
Xuntos, podemos transformar as túas ideas en realidade. Iniciemos esta emocionante viaxe de construción hoxe!